Par enteiro
![Par enteiro [Catálogo de Raizame do Encaixe Galego-Concepción Canoura Leira] Par enteiro [Catálogo de Raizame do Encaixe Galego-Concepción Canoura Leira]](media/../media/img/punto_par_enteiro_catalogo-de-Raizame-do-Encaixe-Galego400px.jpg)
Par enteiro [Raizame do Encaixe Galego-Concepción Canoura Leira]
Tomando sempre un mesmo par como guía e repetindo o cruce de par enteiro con sucesivos pares, faise o punto de par enteiro.
Este punto emprégase para a formación de nutridos, dando aspecto visual dun tecido opaco.
Para colocar o pique no punto de par enteiro (unha vez pasados todos os pares) collemos os dous palillos guía, dámoslles dúas voltas cara a esquerda, colocamos o alfinete e facemos de novo o punto noutra dirección.
Se, previo o cruce do par enteiro, lle damos dúas ou máis voltas a cada par, teremos o punto de par enteiro volteado.
Estes textos foron seleccionados da publicación do Concello de Camariñas “Características del encaje de Camariñas”da autora Concepción Canoura.