Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Museo virtual do encaixe | Partes | Pé

Compartir:

É unha parte pola cal o encaixe vai ser unido á tela, polo que debe ter unha certa consistencia. Normalmente están confeccionados con puto de par enteiro e de par enteiro volteado, aínda que existen variantes, tanto en forma (rectilíneos, curvilíneos ou mixtos) como en técnicas utilizadas.

O pé máis común está composto por un zigzag que vai ó longo da labor, este zigzag está formado por dous pares que se alternan na formación deste e do borde. Estos pares van pasando polos demais pares do pé e "enganchando" aos do medio nos piques que o unen co mesmo.

Tipos de pé

Tipos de pé [Catálogo de Raizame do Encaixe Galego-Concepción Canoura Leira]

Tipos de pé [Raizame do Encaixe Galego-Concepción Canoura Leira]

  • Pé sinxelo de par enteiro e de par enteiro volteado (son os máis antigos e usuais).
  • Pé de par enteiro e de par enteiro volteado con distintos grosores no par enteiro. Este tipo de pé serve para recoller, deixar ou cortar pares segundo o necesite a labor.
  • Pé cruzado. Neste tipo de pé temos un dobre zigzag de maneira que se van formando rombos ó longo do pé. 
  • Pé de cordóns.
  • Pé de par enteiro
  • Pé de par enteiro volteado
Existen unha serie de pés nos cales os pares cos que se confeccionan non quedan só no pé (ocorre normalmente), se non que enlazan co centro da labor e incluso coa puntilla, formando parte destes.

Estes textos foron seleccionados da publicación do Concello de Camariñas Características del encaje de Camariñasda autora Concepción Canoura.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader