Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Museo virtual do encaixe | Puntos | Filigrana

Compartir:

Filigrana

Filigrana [Catálogo de Raizame do Encaixe Galego-Concepción Canoura Leira]

Filigrana [Raizame do Encaixe Galego-Concepción Canoura Leira]

Este é outro punto, de fondo que da un aspecto de "enreixado" moi característico á labor.

A súa realización é moi sinxela. Consta de dúas voltas, cruce, cravar e alfinete, cruzar para pechar o pique e repetir de novo toda a operación seguindo sempre o debuxo.

En contra da crenza xeral, este punto vense facendo en Camariñas desde fai moitos anos, posto que xa Carmen Baroja de Caro no seu libro "El encaje en España" (1933) refírese a que o encaixe de Camariñas ten fondos de malla trenzada, estilo puntos de París, que é outro nome que se lle dá á filigrana.

Estes textos foron seleccionados da publicación do Concello de Camariñas Características del encaje de Camariñasda autora Concepción Canoura.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader