Araña
Araña
Este é un punto pouco coñecido que atopamos nunhas aplicacións da zona de Xaviña. Non podemos dicir si foi un punto popular na súa época ou unha adaptación dalgunha artesá, debido ós poucos exemplares atopados, pero parécenos interesante a súa descrición.
Emprégase como fondo, creando unha malla aberta, pero resistente.
Este punto está formado por cordóns que se dividen en pares volteados e se volven a unir para formar de novo o cordón, despois de cruzalos con outros pares volteados que baixan en diagonal.
Estes textos foron seleccionados da publicación do Concello de Camariñas “Características del encaje de Camariñas”da autora Concepción Canoura.