Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Museo virtual do encaixe | Recursos | Escritores galegos e o encaixe | Lorenzo Fernández, Xaquín

Compartir:

Lorenzo Fernández, Xaquín


"Veleiquí un oficio que, a pesar de se practicar nunha área moi restrinxida, acadou sona universal polos seus produtos, que chegaban a todas partes. Os encaixes que fan as palilleiras son coñecidos co nome de encaixes de Camariñas, anque este pobo non sexa o único nin o principal centro de producción, senón máis ben o que centraliza os encaixes para a súa venda ó exterior. Encóntranse palilleirqas na zona mariñá do N.W. da provincia da coruña, dende Malpica ata Fisterra, acadando no interior deica Vimianzo. Denantes tivo máis importancia ca hoxe pola competencia que agora lle fan os encaixes elaborados mecanicamente. Non puidemos saber cousa ningunha da súa orixe, fóra da tradición, culta certamente, que a supón de procedencia italiana e introducida polso séculos XVI ou XVII. (...) Onde máis se fai este traballo é nos pobos da costa, dedicándose a el as mulleres e as fillas dos pescadores, que gañan esí un bo suplemente nos seus ingresos namentralos homes andan no mar".

Historia de Galiza, Editorial Nós, Buenos Aires, 1962.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader