Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Museo virtual do encaixe | Historia do encaixe | Idade Media e Renacemento

Compartir:

Idade Media e Renacemento

Escola de palilleiras

A entrada dos encaixes flamencos prodúcese dende finais do século XIV, evidénciase nos inventarios realizados con motivo de visitas pastorais, nas que tamén se cita a presencia de "encages de flandes" nos axuares ornamentares sagrados.

Existen referencias a pezas do encaixe variado, en uso e tamaño, en inventarios e outros documentos dos séculos XV e XVI.

Antonio López Ferreiro, historiador e canónico da catedral de Santiago, dá a coñecer o estendida que está esta artesanía nas nosas terras cando di que no século XV  "Otra industria importante era la de los lienzos, pues llegaron a tejerse algunos muy buenos, como se aprecia por los que llevaban los nombres de Padrón, Coruña, Allariz y Neda, de los lugares donde se fabricaba. También se trabajaban buenos encajes, especialmente en Corcubión, Bergantiños y Mugía..."

Pódese deducir que non había pazo ou rico axuar que non estivese dotado de bos panos ornamentados con encaixe.

Cara o 1520, O conde Fernando de Andrade partiu ata Flandes, para participar nas guerras que en esa época ocupaban a Europa, con moitos nobres galegos e un numeroso exército da comarca de Pontedeume ( A Coruña), onde se atopa o castelo dos Andrade.

Á súa volta, estes homes non só viñeron con modelos, mostras e encaixes, se non que tamén regresaron casados con mulleres que coñecían a práctica desta labor. Desta maneira introdúcense novos modelos e técnicas que se expandirán facilmente polo litoral galego.

Tamén se sabe que no primeiro cuarto de século e desde a vila de Muros, como probablemente desde outros portos, partían barcos que facían longas viaxes a Portugal, Andalucía , Francia, Flandes, Inglaterra, Italia, todos eles lugares de traballo ou recepción de encaixes.

Mulleres palillando

Dende o século XV estendérase o uso de encaixes en vestimentas e axuares, sendo o século XVI cando a nobreza e clases máis acomodadas impuxeron a moda de levar encaixes nas súas roupas, favorecendo o seu definitivo desenvolvemento debido o aumento de demanda. Tamén as mulleres da nobreza rural e da burguesía tomaron como entretemento a elaboración de finos encaixes.

Durante o século suceden pragmátias que intentan conter o imparable gasto polo luxo, chegando incluso Felipe II a prohibir o uso do encaixe. Estas ordes reais non parece que foran moi acatadas, xa que no século XVII, e esta vez Felipe III, volve prohibir a súa utilización, pero non por elo deixaron de utilizarse en puños, colos, velos, panos, axuares, sagrados e domésticos. Nembargante, cara 1690 detéctase en España unha importante diminución na produción, debido, sobre todo, a entrada de encaixes estranxeiros, franceses na súa meirande parte.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader