Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Museo virtual do encaixe | Formas e motivos

Compartir:

Formas e motivos

Rodas [Catálogo de Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]

Rodas [Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]

Rodas:
No encaixe de Camariñas denomínase rodas a unha serie de óvalos de pequeno tamaño, cuio, perfil, se pode acentuar cunha colocación de un sedón.

Estas rodas poden ser de medio par ou par enteiro, podendo levar estas últimas calados no seu interior.

Teares en fila:
Este tipo de teares levan dous piques entre cada un deles, o cal facilita a súa realización posto que axuda a suxeitar os pares, de forma que non se desfai o zurcido superior.

Teares enlazados en fila:
Este tipo de teares, van unidos uns a outros sen que exista un pique entre eles. A súa realización é complexa pois require unha gran habilidade por parte da encaixeira.

Triángulos [Catálogo de Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]

Triángulos [Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]

Triángulos de medio par:
Este tipo de figura consiste en triángulos feitos a medio par, cuia base se sitúa paralela ó pe do encaixe.

Cabe destacar que na súa confección, os piques situados na base non van todos na mesma liña, se non que os que o unen ó pe ou outra figura sitúanse máis a fóra.

Piques curvados



Tira sobreposta:
Existen encaixes que son semellantes a un entredous e unha puntilla unidos por un mesmo pé; a este entredous é o que denominamos tira sobreposta.

Unión par enteiro-medio par:
Estes dous puntos únense en medio dunha figura, tendo unha serie de piques entre ambos.

Conchiña [Catálogo de Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]

Conchiña [Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]

Conchiñas enlazadas:
Neste tipo de motivo utilízase a cunchiña tanto como centro, como formando a puntilla.

Eses de par entero y medio par (alternas)
 

Ollo de perdiz
Este motivo consiste nunha tira en forma de oito continuado, pode estar formado por un sedón ou un grupo de pares que se cruzan de par enteiro entre pique e pique.

Eses" e barras de par enteiro e medio par

Ondas e espirais de par enteiro e par enteiro volteado


Zig-zag de zurcidos

Cadrados e rectángulos:
Estes cadrados e rectángulos poden estar feitos a punto de par enteiro simplemente ou poden ter no seu interior outro cadrado de piques ou de cordóns.

Zurcidos enriba de par enteiro e medio par

A floriña [Catálogo de Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]

A floriña [Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]

Flores enlazadas

Motivos vexetais

Uso de sedóns para bordear motivos

O sedón é un fío de maior grosor que o resto dos utilizados na mesma labor. A forma na que se suxeita o sedón é colocándoo entre fíos que forman a figura e torsionando estes. Utilízase para bordear motivos, de forma que nos quedan máis definidos.


As coroas [Catálogo de Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]

As coroas [Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]

Coroas

Calados Os calados fanse en rodas de par enteiro, torsionando os fíos e poñendo unha serie de piques formando un furado.

Pares pasados:
Denominamos pares pasados ós pares que forman parte do pé e que van en solitario dende este ata motivos do centro, para volver de novo ó pé.

Rombos:
Os rombos son unha das formas máis habituais do encaixe de Camariñas, sendo as súas dimensións e puntos que o compoñen, moi variados.

Estes textos foron seleccionados da publicación do Concello de Camariñas Características del encaje de Camariñasda autora Concepción Canoura.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader