Museo del Encaje de Camariñas Museo del Encaje de Camariñas

Inicio | Vender aquí

Compartir:

Vender aquí

QUEN PODE SOLICITAR SER INCLUIDO NA WEB MECAM.NET PARA COMERCIALIZAR ENCAIXE DE CAMARIÑAS.

Marca de Encaixe de Camariñas

Artesás palilleiras e/ou deseñadoras de Encaixe, tendas, asociación e outras persoas físicas e xurícas que cumpran os seguintes requisitos:

A- Requisitos xerais comúns:

  • A.1 Ter capacidade de obrar
  • A.2 Ter dada de alta a actividade económica na Axencia Tributaria no CNAE-93 175 Encaixe, palilleiras, picador de cartóns, bordados, redeiro/a ou equivalente 
  • A.3 No caso de solicitantes procedentes de países que non pertencen á Unión Europea deberá designar un representante legal en España
B- Requisitos das persoas físicas, deseñadoras, picadoras e palilleiras:
  • B.1 Ter vixente a carta artesán de palilleira, picadora ou deseñadora de encaixe e, polo tanto, ter inscrición vixente no Rexistro Xeral de Artesanía e/ou ter recoñecida a titularidade dun Obradoiro artesán de encaixe ou deseño de encaixe inscrito e vixente no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia ou equivalente no caso doutras comunidades autónomas ou países.
  • B.2 No caso de non ter carta artesán e/ou a titularidade dun Obradoiro artesán deberá demostrar ter traballado como mínimo 500 horas en calquera destes oficios, ben como autónomo/a, conta allea e/ou nun obradoiro artesán de encaixe ou de deseño de encaixe do Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia ou equivalente no caso doutras comunidades autónomas ou países e ter formación dun mínimo de 500 horas en  Encaixe das que 150 horas deben ser de Encaixe de Camariñas.
  • B.3 No seu caso e como establece a Lei 20/2007 de 11 de xullo do Estatuto do traballador Autónomo 30/1992, deberá estar dada de alta ben no Réxime Xeral de Autónomo(RETA) ben no Réxime agrario (segundo indica a Lei 18/2007, de 4 de xullo). 
C- Requisitos para persoas xurídicas:
  • C.1 Estar legalmente constituída. 
  • C.2 Ter poder suficiente para actuar 
  • C.3 Inscrición da entidade no rexistro que corresponda, no seu caso.
  • C.4 No caso de Asociacións e entidades sen finalidade de lucro, inscrición no rexistro de asociación ou fundacións correspondente. 
  • C.5 Contar con produtoras ou palilleiras que cumpran os requisitos expostos nos puntos B.1 e B.2

QUE ARTIGOS E PRODUTOS PODO VENDER NA WEB MECAM.NET ?

  • Só poderase vender aqueles artigos e produtos que obteñan autorización de uso da Marca Encaixe de Camariñas, produto de calidade do Concello de Camariñas, para o que terá que remitir unha ficha de identificación do mesmo ao Concello de Camariñas e obter a autorización de uso da marca para proceder á súa venda na web mecam.net. 
  • Para obter a autorización de uso da marca os produtos deben cumprir as características da norma técnica da marca Encaixe de Camariñas, produto de calidade e que  inclúe que a comercializadora conte cun sistema de autocontrol que se especifica na norma. 
  • Os artigos autorizados para venda na web mecam.net, deberán levar obrigatoriamente a etiqueta da marca Encaixe de Camariñas, produto de calidad coas características e contidos que determina o Concello de Camariñas. Só poderán empregarse as etiquetas da marca Encaixe de Camariñas que determine o Concello de Camariñas. 
  • Os artigos de venda na web mecam.net deberán obrigatoriamente que ser empaquetados segundas instrucións do Concello de Camariñas e da marca Encaixe de Camariñas, produto de calidade. Tendo necesariamente que solicitar e obter permiso do Concello de Camariñas para o emprego de empaquetados diferentes aos establecidos.
  • Non poderá ser vendido na web mecam.net artigo algún que non obteña previamente a autorización do uso da marca. 
  • O prezo dos artigos vendidos na web mecam.net deberán incluír transporte, empaquetado e ive no prezo ao público que se expoña.

COMO DOU DE ALTA A TENDA NA WEB MECAM.NET?

  • Unha vez aprobada a solicitude da empresa/produtora e a autorización dos productos para venda, o Concello de Camariñas facilitará os datos das entidades autorizadas á entidade xestora da web mecam.net para proceder á apertura da tenda on line nesta plataforma. 
  • Os custes para execución técnica deste minisite correrá a cargo da empresa/produtora autorizada para a venda en mecam.net segundo custe e contrato que realice coa empresa xestora da web mecam.net. 
  • Esta tenda on line deberá ofertar alomenos unha plataforma de pagamento on line aos seus clientes e deberá responsabilizarse da actualización, atención, envio e reclamacións relacionados cos seus clientes e compradores. 
  • O Concello de Camariñas poderá retirar aqueles produtos ou artigos que non cumpran cos requisitos de calidade ou deterioren a imaxe da marca Encaixe de Camariñas, produto de calidade e tamén poderá proceder ao peche da tenda on line que incumpra os requisitos ou deteriore a imaxe de calidade e responsabilidade da marca Encaixe de Camariñas, produto de calidade ou do sitio mecam.net.

QUE CUSTO ECONÓMICO TEN A INCORPORACIÓN E VENDA EN MECAM.NET?

  • Os custes que terá que abonar será os de creación de tenda on line en mecam.net (a activación da nova tenda, incluíndo a creación dunha pasarela de pago con Paypal, ten un custe de 150 € (+IVE). Este prezo non inclúe a carga de contidos e produtos na tenda, é dicir,  implica que sexa o propio xestor da tenda o que faga a carga de contidos na web)
  • Os custes de compra de etiquetas regulamentarias, que abonará directamente á imprenta ou empresa colaboradora do Concello de Camariñas.
  •  Os custes de paquetería e envoltorio da marca Encaixe de Camariñas, produto de calidade. Que poderá mercar nas empresas colaboradoras que estableza o Concello de Camariñas ou realizar directamente sempre coa autorización do Concello de Camariñas. 
  • O Concello de Camariñas non establece custo económico algún para a inserción, permanencia e promoción da web mecam.net.
  • As empresas e produtoras que comecialicen en mecam.net deberán colaborar na difusión e promoción desta web e da marca Encaixe de Camariñas, produto de calidade. Nesta colaboración establecese a achega dunha peza de Encaixe de Camariñas ao ano para realizar actividades de promoción da marca e web , así como o seu compromiso de tentar participar nas actividades de formación e divulgación que o Concello de Camariñas organice para a web e a marca.

QUE TEÑO QUE FACER PARA SOLICITAR E COMERCIALIZAR NA WEB?

  • Si cumpre cos requisitos que se establece na norma: 1º - solicitar a participación na web mecam.net mediante a solicitude (documento 1)  que se establece e xuntado a documentación que se require. 2º Remitindo a ficha de identificación do produto (documento 2) que se establece na norma. Unha ficha por cada produto. Requirirase autorización do Concello de Camariñas para comercializar cada produto solicitado. 3º- Remitindo asinada a  declaración de cumprimento dos requisitos técnicos que se establece na normativa da marca Encaixe de Camariñas, produto de calidade no que se inclúe o sistema de autocontrol que debe implantar a empresa/produtora sobre os artigos de venda en mecam.net (documento 3) 
  • Unha vez que o Concello de Camariñas autorice a empresa/produtora e os productos a comercializar na web mecam.net. Poñerase en contacto coa empresa xestora da web mecam.net coa que acordará a inserción na web mecam.net cunha tenda on line con pasarela de pagamento. Os custes deste Servizo correrán a cargo da empresa/produtora  soilicitante e finalmente autorizada polo Concello de Camariñas.
  • Os productos que se autoricen para a venda na web mecam.net deberá ter sempre etiqueta e empaquetado regulamentario.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader