Encaixeiras de Camariñas asistirán ao IV Encontro de Palilleiras de Xove - Lugo
Venres 4 de outubro de 2013
O Concello de Camariñas mediante a Consellería de Cultura, Educación e Encaixe sigue a promover o Encaixe de Camariñas asistindo a encontros de encaixeiras. Mañá, sábado día 5 de outubro, participarase no IV Encontro de Palilleiras de Xove con encaixeiras pertencentes a Asociación Profesional Rendas e a Asociación de Amas de Casa, ámbalas dúas de Camariñas.
Entre os obxectivos propostos destacar: a promoción do Encaixe de Camariñas como produto de calidade, a venta directa de pezas exclusivas do enxoval doméstico e agasallos, dar a coñecer o bo facer das nosas encaixeiras as cales reciben en tódalas xuntanzas loanzas polos seus grandiosos e dificultosos encaixes nos que palillan con gran rapidez, cualidade que só se pode observar nas nosas palilleiras, a potenciación do municipio como destino turístico, etc.
Nestes últimos meses participamos nos encontros de encaixeiras de diversas provincias galegas entre as cales podemos destacar por orden de celebración: Cervo, Padrón, Burela, Melide, Sarria, Mos, Vilanova de Arousa e en Portugal (Peniche). Nestes encontros participaron encaixeiras de tódalas parroquias de Camariñas, pertencendo ou non as diferentes asociacións.
Destacar que as palilleiras infantís pertencentes as escolas municipais están a participar nestes eventos nos que reciben todo tipo de loanzas por ser o futuro do encaixe e apostaren por seguir coa nosa artesanía