Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Novas | Modesto Lomba presentará a Mostra do...

Compartir:

Modesto Lomba presentará a Mostra do Encaixe de Camariñas en Fitur

Mércores 22 de xaneiro de 2014

O prestixioso deseñador Modesto Lomba, da firma Devota & Lomba, presentará mañá na Feria Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) a edición número vintecatro da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará neste municipio entre os días 16 e 20 de abril, coincidindo coa Semana Santa , e cada ano congrega a miles de persons. A presentación será ás cinco da tarde no stand da Costa da Morte, da asociación Neria. Tamén asistirá o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, e dúas palilleiras da localidade realizarán demostracións en vivo sobre a elaboración do encaixe, que conta cun gran prestixio en toda Europa.

Modesto Lomba, presidente da Asociación Española de Deseñadores, é un habitual colaborador da feira do encaixe de Camariñas. Durante os últimos anos deu a coñecer numerosos  traballos de encaixe de Camariñas por distintas pasarelas internacionais e en 2011 estivo presente nunha exposición en Nueva York. Na feira de turismo madrileña tamén se repartirán invitacións para poder asistir en abril á Mostra do Encaixe, na que se exhibirán diversas coleccións de noveis e de prestixiosos deseñadores.

Ademais da feira do encaixe, mañá darase a coñecer en Fitur a nosa páxina web deseñada recentemente que servirá para promocionar o encaixe de bolillos e como medio de venda on line deste produto. A Asociación de Empresarios de Camariñas tamén dará a coñecer os atractivos deste municipio, entre eles rutas relacionadas co turismo de catástrofes como os naufraxios que  asolaron a Costa da Morte durante os últimos séculos.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader