O presidente da Deputación presenta a Mostra do Encaixe de Camariñas
Mércores 19 de febreiro de 2014
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo Pouso, presidirá o xoves día 20 de febreiro a presentación da próxima edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará nesta localidade entre os días 16 e 20 de abril, coincidindo coa Semana Santa. O acto será ás 12.00 horas na sala de comisións da sede da Deputación.
Á presentación tamén acudirán os deseñadores coruñeses José Matteos e Charo Carrillo, habituais colaboradores da feira do encaixe de Camariñas, que apostan pola aplicación deste produto na súas coleccións. Ademais, estarán a deputada provincial pola Costa da Morte, Zaira Rodríguez; o alcalde de Camariñas, Manuel Alonso de León e a concelleira delegada da Mostra, Sandra Ínsua Rial.