Presentación del programa oficial de la XXIV Mostra de Encaixe de Camariñas
Xoves 3 de abril de 2014
O Concello de Camariñas presenta o xoves 3 de abril en rolda de prensa a programación completa da XXIV Mostra do Encaixe, que se celebrará durante a Semana Santa. O acto será ás 12.00 horas no Museo do Encaixe da localidade. Participarán o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso; a concelleira delegada da Mostra, Sandra Ínsua; a directora da Mostra, Dolores Lema e o deseñador Franco Quintáns, que será o director da pasarela no certame. No transcurso do acto tamén se presentará un video que resume a pasada edición da Mostra do Encaixe. A XXIV da Mostra do Encaixe celebrarase entre os días 16 e 20 de abril, coincidindo coas vacacións de Semana Santa. Entre as novidades deste ano destaca un desfile das nenas da Escola Municipal de Palillo con prendas de encaixe elaborado por elas mesmas, entre outras cousas. Na categoría de Grandes Deseñadores haberá un total de nove firmas de diferentes lugares de España: Devota & Lomba (Madrid), Emilio Salinas (Madrid), Rubén Perlotti (Barcelona), Esteban Freiría (Málaga), Ana Cabranes (Gijón), Oky Coky (Pontevedra), Franco Quintáns (Pontevedra), José Matteos (A Coruña), e a firma de Complementos Janet Shulz (Pontevedra), ademáis de 28 modistos noveles, que darán a coñecer as súas coleccións.