Asociación Rendas

Condicións de venda e aviso legal


Condicións de venda e envío

Todas as compras que se realicen en Asociación Rendasestán suxeitas ás condicións xerais de compra expostas no presente documento. As ventas celebradas son ventas a distancia reguladas pola lexislación española na materia. Asociación Rendas ten o seu domicilio central na rúa Miguel Feijoo nº11. 15123 Camariñas (A Coruña). En Internet podes encontrarnos na nosa páxina web rendas.mecam.net na cal atópanse expostos os nosos produtos.

Listas de prezos
Todos os prezos expostos nas listas dos nosos produtos son en euros. A nosa tenda en Camariñas, ten o IVE incluído, e son válidos para todas as compras que realicen persoas físicas residentes en España. O tipo aplicado de IVE por norma xeral é do 21%. En caso de vendas fóra de España (Extracomunitario) este será descontado automaticamente da factura unha vez aceptada a cesta.

As vendas ao estranxeiro realízanse sempre baixo o termo DAP (INCOTERMS 2010). O vendedor  Asociación Rendas farase cargo dos riscos e custos de situar a mercancía no punto convido (excluíndo taxas, impostos e calquera outro gasto oficial derivado da importación no país de destino). O comprador debe facerse cargo de calquera custo adicional así como asumir os riscos derivados da falta de despacho da mercancía no país de importación. .

Sistema de pagos
Todos os pagos, mediante tarxeta de crédito, como tarxeta de débito ou transferencia bancaria, poderanse realizar a través da plataforma PayPal. Vostede pode confiar na tecnoloxía de PayPal para protexer a seguridade e privacidade das transaccións e da información financeira.

  1. Modelos de risco antifraude. Os modelos de risco de PayPal son antifraude, patentados e altamente sofisticados, serven para detectar e predicir transaccións fraudulentas.
  2. Uso líder no sector da codificación de datos. Paypal utiliza a codificación de datos máis profusamente que ningunha empresa de servizos financeiros. 
  3. Protección da información financeira dos compradores. Paypal non comparte a información financeira do comprador cos vendedores, o que permite aos compradores sentirse máis seguros e confiados ao comprar a vendedores con PayPal.
  4. Servizos de empresa normalizados. PayPal utiliza un Código de seguridade da tarxeta (CSC, coñecido tamén como CVV2) para impedir o roubo de identidade. 
  5. Equipo anti-fraude. Paypal dispón dun equipo anti-fraude de máis de 1 000 especialistas de todo o mundo, que traballa ininterrumpidamente para axudar a manter a súas transaccións a salvo e asegurar que a súa información delicada permaneza privada.

Tamén aceptamos pagos contrarreembolso.

Formas de envío e prazos de entrega
Asociación Rendas resérvase o dereito de variar o tipo de envío  e o prazo de entrega polo cal se efectúa este, independentemente do exposto nestas páxinas, sempre que non supoña un prexuízo manifesto para o cliente.
  • ENVÍOS A ESPAÑA Península: Para todos os pedidos á Península o prazo de entrega será de 48 horas aproximadamente sempre que o pedido se realice antes das 13h e estea dispoñible en stock. A totalidade dos nosos produtos son feitos a man por artesás, polo cal en caso de ruptura de stock que xeren prazos de entrega superiores, poñerémonos en contacto con vostede vía email nas 24 horas seguintes á tramitación do seu pedido para facilitarlle un novo prazo. En caso de prazos superiores a 10 días vostede terá la posibilidade de cancelar o seu pedido enviándonos un email, co número de referencia do pedido e os seus datos persoais.
  • ENVÍOS fóra de ESPAÑA: Para retrasos nos pedidos con destino fóra da península ESPAÑOLA tomaremos contacto con vostede vía email nas 24 horas seguintes á tramitación do seu pedido para facilitarlle un prazo de entrega. No caso de prazos superiores a 15 días dende a tramitación do seu pedido, vostede terá a posibilidade de cancelar o seu pedido sen custo algún enviándonos un email, co número de referencia do pedido e os seus datos persoais.

Garantía e devolucións de artigos
Os produtos de Asociación Rendas están garantidos en canto a súa calidade, aínda que sendo produtos artesás cada produto é único. Se cando reciba o seu pedido non queda satisfeito, tn un prazo de sete días dende a data de recepción para executar o dereito de devolución (segundo artigo 7/1996 de 15 de xaneiro de Ordenación do Comercio Minorista).
*Os gastos de envío e recollida en caso de devolución correrán por conta do cliente.
*Os artigos deberán enviarse ao seguinte enderezo:
Calle Miguel Feijoo nº11
15123 Camariñas (A Coruña) ESPAÑA

Unha vez recibida a mercancía nos nosos almacéns, previa comprobación da mesma, procederase ao reintegro de seu importe mediante transferencia no nº de conta que o cliente nos facilite. O dereito de desestimento do comprador non implica a imposición de penalidade algunha, pero deberá indemnizar os desperfetos do obxecto de compra.

Servizo Postvenda
noso departamento de venda a distancia dispón dun servizo de postvenda para solucionar calquera problema cos nosos artigos ou envíos, a través do cal ofrécese unha atención rápida e eficaz aos nosos clientes. Para contactar con nós ou consultar calquera dúbida, cuestión ou reclamación pode utilizar calquera dos seguintes medios:
Teléfono: 981 737 121
Horario de luns a venres de 10 a 13:30 h. e de 17 a 20:00 h.
Email: encajesrendas@hotmail.com

Protección de datos de carácter persoal

En  Asociación Rendas preocupámonos pola confidencialidade dos datos aportados polos clientes. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, Asociación Rendas, informa de que cantos datos persoais lle faciliten serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, creado e mantido baixo responsabilidade de Asociación Rendas. A finalidade de dito ficheiro é facilitar a tramitación dos pedidos e enviar ofertas comerciais no futuro sobre produtos e servizos que poidan resultar de interese para os clientes.

Asociación Rendas garante a seguridade e confidencialidade dos datos. Deste modo, comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal, e do seu deber de gardalos e adoptar todas as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou uso non autorizado. Polo tanto, toda a información sobre os nosos clientes non será utilizada con propósitos comerciais nin cedida a terceiros. Os clientes de Asociación Rendas, poderán en todo momento exercitar o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándoo ao noso enderezo de correo electrónico: encajesrendas@hotmail.com

Lexislación e xurisdición
As presentes condicións xerais interpretaranse conforme á lexislación vixente en España na materia, que se aplicará subsidiariamente en todo o que no se previra nas mesmas. O contrato presumirase celebrado en Camariñas (España), lugar que determinará a xurisdición competente nos posibles conflitos que puidesen xurdir no futuro..


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Galicia Agader