Encaixes Melania

Quen somos


Encaixes Melania

Amalia Vigo Rego é herdeira dunha longa tradición encaixeira que se remonta a máis de 5 xeracións. Iniciouse no coñecemento dos encaixes da man da súa avoa, na casa da cal reuníanse ata 20 mulleres nas chamadas palilladas, verdadeiras reunións sociais de traballo e aprendizaxe.

En 1956, con apenas 14 anos, presentouse facendo encaixes ao público da Casa de Campo de Madrid, no pavillón que representaba á provincia da Coruña. Dende curta idade realizou a tarefa que lle impoñen cada día antes de ir á escola para contribuír á economía familiar.

En 1979 e 1981 fixo encaixes na exposición sobre Encaixes de Camariñas que se celebrou no Museo de Pontevedra, onde presentou en compañía de Melania -a súa nai- e Eva -a súa filla- a tres xeración de encaixeiras. En 1980 celebrouse en Camariñas o I Concurso de Encaixeiras no que se concede a Amalia o Diploma de Mellor Encaixeira de Camariñas.

En 1982 presentouse o centro encaixeiro de Almagro (Cidade Real) ao I Concurso de Encaixeiras a nivel nacional no que obtivo o terceiro posto. Dende entón estivo viaxando por toda España para amosar e comercializar os encaixes que se fan en Camariñas e dos que ela é gran coñecedora.

Amalia, cun espírito amable e cariñoso, atende a todas as persoas que queiran achegarse a esta tradición tan antiga e á beleza desa arte ancestral da que ela é un expoñente indispensable.

Vídeo de presentación


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Galicia Agader