Asociación Rendas

Quen somos


 Asociación Profesional de Palilleiras de Camariñas, RENDAS

A Asociación Profesional de Palilleiras de Camariñas, RENDAS, foi a primeira asociación profesional de encaixeiras constituída en España. Creada no ano 1992, na actualidade intégranse nela máis de 50 artesáns do concello e ría de CAMARIÑAS, provincia de A Coruña. Un dos obxectivos fundacionais foi que as asociadas puideran vender o seu produto sen a intervención de intermediario algún, o que repercutiu positivamente sobre o prezo final e o beneficio que reciben as produtoras.

Rendas foi pioneira na adaptación das antigas técnicas ós deseños e moda actual. No local, aberto ó público fronte ó porto de Camariñas, pódese encontrar todo tipo de puntillas e aplicacións, dende o máis sinxelo pano de man ata a mantelería, colcha ou mantilla máis elaborada. Expóñense pezas con deseños elaborados á maneira tradicional aínda que adaptados ás tendencias e demandas actuais. O visitante ten así mesmo a oportunidade de gozar da contemplación das palilleiras traballando á vista do público.

A asociación ten participado en feiras, congresos e intercambios en diferentes países e territorios de España e fóra de España: Italia, Bruxas, Francia, Canarias, Madrid, Barcelona, Toledo … Participando activamente na confección de encaixe para os modelos de deseñadores consagrados e noveles que se presentan nos desfiles da Mostra de Encaixe de Camariñas dende a súa primeira edición. Participa en exposicións en vivo no Castelo de Vimianzo durante todos os veráns e nas feiras de turismo de Fitur e outras.

Vídeo de presentación


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Galicia Agader