Conxunto voda
174,24 €
Referencia: 0015
Conxunto de noiva composto de pano de arras, coxín para aneis, liga e abano de noiva.
Pano A Simona: Realizado en fío 100% algodón e unido a tecido de liño italiano. O encaixe deste pano ten nome propio e unhas condicións técnicas precisas. Un dos panos máis tradicionais de Camariñas onde se empregan os puntos de par enteiro, medio par, zurcidos e cordóns.
Coxín de aneis: Realizado con fío 100% algodón e tecido de liño italiano. Emprégase tamén o encaixe do pano A Simona.
Liga de noiva: Realizada coa puntilla O Ramón de nº 40 en fío 100% algodón.
Abano: Realizado con encaixe de algodón 100%, composto de puntilla de berberecho con eses de medio par, no centro zurcidos con estrelas de catro puntas e pé de par enteiro.
*Pódese elixir o encaixe e tecido noutras cores e adquirir o conxunto completo ou por artigo. Consultar paleta de cores e prezos individualizados.
Consultar prazos de entrega