Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Museo virtual do encaixe | A sede | Exposicións

Compartir:

Exposicións


EXPOSICIÓN PERMANENTE

EXPOSICIÓN PERMANENTE

A planta superior do edificio alberga a colección permanente do Museo, contando con 57,5 m2 para a súa exposición.  

A exposición , conta actualmente coas seguintes pezas de Encaixe de Camariñas:

  • Colección de mostras de puntillas por metro que se utilizaban e aínda se utilizan nos mostrarios de venta.
  • Colección de mantillas, velos, sonmbrillas e abanicos, fundamentalmente do século XVIII.
  • Exemplos de pezas de cerimonial relixioso pertencentes á igrexa parroquial de Camariñas.
  • Dous traxes de noiva inspirados no traxe rexional galego do s. XVIII do deseñador Franco Quintáns.
  • Colección de pezas pertencentes a familia Pardiñas de Camariñas así como os diplomas que lle deron en dúas exposicións universais, en Paris e Barcelona en 1888 e 1889

EXPOSICIÓNS TEMPORAIS

A sala de exposicións temporais ocupa a planta baixa do edificio, cunha superficie de 57,4 m2. Dende a súa apertura, no Museo celebráronse as seguintes exposicións:

  • Outubro ata a actualidade: Exposición dedicada ás donacións e depósitos de encaixes feitas por xente do pobo a este Museo ao longo destes anos.
  • Xuño ata Setembro 2012: Exposición de distintos tipos de lámpadas as que se lle aplicou encaixe de Camariñas.
  • Xaneiro ata Maio 2012: Exposición de encaixes e materiais relacionados co encaixe de Camariñas.
  • Ano 2011: Exposición de encaixes e almofadas doadas polas delegacións estranxeiras que participaron na Mostra do Encaixe ó largo das súas edicións.
  • Novembro e Decembro 2010: Exposición de traxes de noiva con encaixe deseñadas para as pasarelas de Cibeles, Gaudí e Mostra do Encaixe. Dos deseñadores Devota&Lomba, Model Novias, Petro Valverde, Novissima El Corte Inglés e Franco Quintáns.
  • Outubro 2010: Exposición de traxes rexionais de diferentes épocas da zona de Muros con encaixe de Camariñas.
  • Xullo ata Outubro 2010: Exposición de diferentes pezas de roupa con encaixe pertencentes a noveis e grandes deseñadores que participaron en diferentes edicións da Mostra do Encaixe.
  • Xuño 2010: Exposición de traballos realizados polas alumnas do curso 2009-2010 de palillo.
  • Xuño 2009 ata Semana Santa 2010: Exposición dedicada ó Concurso de Noveis Deseñadores o largo de varias edicións da Mostra do Encaixe de Camariñas.
  • Xaneiro ata Semana Santa 2009: Exposición de varias almofadas de Camariñas con diferentes encaixes, un baúl con encaixes por metro.
  • Xullo ata Decembro 2008: Exposición dedicada a todo o relacionado con canastilla de bebe.
  • Xuño 2008: Exposición de traballos realizados polas alumnas do curso 2007-2008 de palillo.
  • Semana Santa ata Xuño 2008: Recreación dunha pasarela de moda con diferentes traxes con encaixe de Camariñas.
  • Xullo 2007 ata Semana Santa 2008: Exposición de diferentes pezas de roupa con encaixe pertencentes a noveis e grandes deseñadores que participaron en diferentes edicións da Mostra do Encaixe.
  • Xuño 2007: Exposición de traballos realizados polas alumnas do curso 2006-2007 de palillo.
  • Semana Santa ata Xuño 2007: Exposición adicada ó encaixe de Camariñas. Para iso fíxose unha almofada de grandes dimensións da que saia un camiño vermello con pezas de encaixe.
  • Outubro 2006 ata Semana Santa 2007: Con motivo da visita da vicepresidenta do Goberno Mª Teresa Fernández de la Vega, preparamos unha exposición na cal se puideran ver como se fai unha almofada asi como os utensilios necesarios ata chegar a ter as pezas de encaixe feitas. No centro da sala habilitamos un espazo onde palilleiras xa consagradas e nenas demostraron a súa arte no encaixe.
  • Xullo-Setembro 2006: Exposición de pezas de encaixe de enxoval doméstico esta vez nas vitrinas.
  • Xuño 2006: Exposición de traballos realizados polas alumnas do curso 2005-2006 de palillo.
  • Semana Santa 2006: exposición de mesas todas elas dispostas de diferente maneira para que os visitantes puideran ver varios xeitos de decorar unha mesa con encaixe de Camariñas.
  • Outubro 2005 ata Semana Santa 2006: Exposición dedicada a Deseñadora Charo Carrillo.
  • Xullo-Setembro 2005: Recreación de dúas estancias dunha casa (comedor e saliña) onde amosamos como se poden utilizar diferentes pezas de encaixe.
  • Xuño 2005: Exposición de traballos realizados polas alumnas do curso 2004-2005 de palillo.
  • Ano 2004: Recreación da cerimonia dunha voda onde se expuxeron varios vestidos de noiva, así coma accesorios (ligas, panos de arras, etc…)
  • Ano 2003: Recreación dunha palillada antiga. Mostras de picados, puntillas e palillos antigos.
  • Ano 2002: Exposición de encaixes pertencentes a Carmiña Touriño na que mostramos encaixe antigo e actual.
  • Abril e Maio de 2001: Exposición sobre enxoval doméstico típico da zona.
  • Xuño e Xullo de 2001: Exposición sobre primeiras comuñóns.
  • Agosto, Setembro e outubro de 2001: Exposición sobre o encaixe de Camariñas.
  • Novembro e Nadal de 2001: Exposición sobre o encaixe internacional.
  • Montaxe multimedia "O encaixe de Camariñas e o seu entorno" Do 8 ó 12 de Abril de 1998. Organizada polo Concello de Camariñas con motivo da VIII Edición da Mostra do Encaixe de Bolillos.
  • I Premio de Creación Fotográfica "Luis Kasado". Organizada pola Deputación de A Coruña. Do 15 ó 30 de Agosto de 1998.
  • I Certame de Artesanía "Antonio Fraguas Fraguas". Organizada pola Deputación de A Coruña. De 12 ó 21 de Novembro de 1998.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader