Noutros museos
A presenza do encaixe de Camariñas noutros museos non é moi significativa, pero aínda así atopamos libros de mostras no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela. A Coruña) e no Museo Etnográfico de Ponte do Porto(Camariñas. A Coruña), pezas con encaixes no Museo das Mariñas(Betanzos. A Coruña) e no Museu des Puntaires de Arenys de Mar (Barcelona) e , sobre todo, unha importante colección de mostras antigas que conserva o Museo Pedagóxico Téxtil da Universidade Complutense (Madrid), sobre o cal xa fixemos unha breve reseña debido ó seu carácter monográfico e didáctico.
No actual Museo Pedagóxico Téxtil, na súa orixe, formou parte dun complexo centro pedagóxico fundado baixo o patrocinio do Ministerio de Instrucción Pública, segundo a Real Orde do seis de Maio do ano 1882. Adscrito, máis tarde, ó Consello Superior de Investigacións Científicas, na actualidade está integrado no ICEUM, cuia sede se atopa na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade Complutense.
O fin pedagóxico e investigador que o caracterizou desde a súa fundación, permitiu reunir unha importante e variada colección de pezas -principalmente de arte téxtil- que poden agruparse nos seguintes fondos: indumentaria civil e militar, enxoval doméstico, enxoval ritual de cerimonias relixiosas e sociais, encaixes, tecidos, dechados ou libros de bordados, complementos e accesorios de indumentaria, distintivos e conmemoracións de carácter social e relixioso, bonecos con típica vestimenta, fotografías, libros publicados, instrumentos técnicos e obxectos varios.
O fondo dos encaixes é o máis numeroso. Existen ricas pezas aplicadas a diversos fins, pero, sobre todo, consérvanse moitas mostras que, con un valor didáctico, presentan toda unha gama de variantes en xéneros e estilos. Entre elas destacamos as catalogadas como "Camariñas", coa numeración e datos que aparecen no inventario deste museo:
- 241-Banda Encaixe de bolillos. Guipur. 14x24cm. cintas encontradas formando rombos con inclusión de estrelas de guipur. Principios do século XVIII. Escola de Camariñas (A Coruña)
- 242- Banda Encaixe de bolillos. Guipur. 9x16cm. Ornamentación de liñas quebradas formando rombos con estrelas nos vans. Principios do século XVIII. Escola de Camariñas ( A Coruña ).
- 243-Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 9x15cm. Ornamentación de círculos e lineamentos encerrando estrelas de guipur. Fins do século XVIII. Escola de Camariñas (A Coruña).
- 244-Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 5x19cm. Ornamentación de lacerías con estrelas e borde polilobulado. Fins do século XVII. Escola de Camariñas (A Coruña).
- 245-Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 9x10 cm. Ornamentación de trenzas formando raerías en cuios vans se instalan estrelas múltiples, polibulado. Fins do século XVII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 246- Banda Encaixe de bolillos. Guipur. 18x 19 cm. Ornamentación de lacerías estrelas en tres niveis a cotrapeado, liña polilobulada ó borde polilobulado. Fins do século XVII. Escola de Camariñas ( Coruña )
- 247- Banda Encaixe de bolillos. Guipur. 18x19 cm. Ornamentación de lacerías e estrelas en catro niveis, dispostas en estilo contrapeado. Fins de século XVII. Escola de Camariñas ( Coruña).
- 248- Banda Encaixe de bolillos. Guipur. 6x16cm. Ornamentación de círculos con inclusión de estrelas múltiples. Fins do século XVII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 249- Banda Encaixe de bolillos. Guipur.. 18x37cm. Ornamentación de cintas quebradas formando rombos contrapelados con inclusión de estrelas en sete niveis. Ondas túpidas no borde. Principios do século XVIII. Escola de Camariñas(Coruña).
- 250-Banda. Encaixe de bolillos. Guipur.15x17cm. Ornamentación de cinta e guipur formando cerramentos con inclusión de inflorescencias, abanicos ó borde. Principios de século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 251- Banda Encaixe de bolillos. Guipur. 17x18cm. Ornamentación de cinta e guirnalda formando rombos con inclusión de inflorescencias e rosetas, abanicos ó borde. Principios do século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 252- Banda Encaixe de bolillos. Guipur. 8 x 11 cm. Ornamentación de cinta formando rombos en cada cadea con inclusión de inflorescencias. Mediados do século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 253-Banda. Encaixe de bolilllos. Guipur. 12x24cm. Ornamentación de liñas quebradas cruzándose para formar pechamentos con estrelas de diversas tamaños. Último cuarto de século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 254-Banda Encaixe de bolillos. Guipur. 10x18cm. Ornamentación de cinta e guirnalda de follas quebradas con estrelas nos espacios vacíos. Principios de século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 255-Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 8x16cm. Ornamentación de cinta e guirnaldas ondeantes con inclusión de estrelas. Principios do século XVIII. Escola de Camariñas(Coruña).
- 256-Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 16x22 cm. Ornamentación de cintas e guirnaldas de follas formando grandes rombos cheos de inflorescencias e rosetas, abanicos ó borde con motas. Mediados do século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 257- Banda Encaixe de bolillos. Guipur. 12x20cm. Ornamentación de cintas quebradas formando catro filas de rombos con motas, inflorescia e rosetas, abanicos complexos ó borde. Último cuarto de século XVIII. Escola de Camariñas ( Coruña ).
- 258- Banda Encaixe de bolillos. Guipur.13x19cm. Ornamentación de rombos calados en rede con superposición de estrelas de guipur, abanicos ó borde. Último cuarto de século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 259- Banda Encaixe de bolillos. Guipur.. 6x17cm. Ornamentación de rombos e estrelas superpostas alternando con flores cuatripétalas. Último cuarto de século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 260- Banda Encaixe de bolillos. Guipur. 8x20cm. Ornamentación de rombos con estrelas superpostas alternando planas, corazóns invertidos ó borde. Último cuarto de século XVII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 261.- Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 7 x 15 cm. Ornamentación de cinta formando rombos con fondo de rexilla e estrelas. Principios do século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 262.- Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 6 x 26 cm. Ornamentación de rombos con rexilla, estrelas e borde de pabellón. Principios do século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 263.- Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 7 x 18 cm. Ornamentación de rombos con rexilla e rosas en dúas filas contrapeadas, borde de pabellón. Principios do século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 264.- Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 4 x 17 cm. Ornamentación de rombos en cadea con estrelas. Principios do século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 265.- Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 4 x 18 cm. Ornamentación de rombos en cadea con estrelas sobrepostas. Mediados do século XVIII. Escola de Camariñas (Coruña).
- 266.- Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 5 x 17 cm. Ornamentación de figuriñas ou coroas de calados en retícula. Principios de século XIX. Escola de Camariñas (Coruña).
- 267.- Banda. Encaixe de bolillos. Numérico evolucionado. Ornamentación de cintas formando dobre arquería polilobulada. Principios do século XIX. Escola de Camariñas (Coruña).
- 285.- Angular. Encaixe de bolillos. Guipur. 11 x 37 cm. Ornamentación simbólica de anxos coa figura da Gracia. Principios do século XIX. Escola de Camariñas (Coruña).
- 286.- Angular. Encaixe de bolillos. Guipur. 11 x 37 cm. Ornamentación simbólica de anxos coa figura da Gracia. Principios do século XIX. Escola de Camariñas (Coruña).
- 287.- Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 11 x 26 cm. Ornamentación de ánxos coa figura da Gracia, de carácter simbólico. Principios do século XIX. Escola de Camariñas (Coruña).
- 288.- Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 11 x 26 cm. Ornamentación simbólica de anxos coa figura da Gracia. Principios do século XIX. Escola de Camariñas (Coruña).
- 289.- Banda. Encaixe de bolillos. Guipur. 11 x 40 cm. Ornamentación simbólica de anxos coa figura da Gracia. Principios del século XIX. Escola de Camariñas (Coruña). (Esta peza as catro anteriores constitúen un xogo para aplicar a roupa de cama.
- 5973.- Bolillo. 2 x 11 cm. Típico dos encaixes de Camariñas (Coruña). Tres partes base cilíndrica, coa punta roma e o entalle alto; canilla corta e con nudo de separación; cabeza semiesférica. Século XX.