Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Museo virtual do encaixe | Materiais

Compartir:

Materiais

A almofada

Almofada, bolsa de alfinetes,palillos...

É o principal elemento para a elaboración do encaixe e habitualmente é construída pola encaixeira. A almofada característica de Camariñas consiste nun saco de tela con palla, moi apertada, de trigo e centeo, cunha vara de madeira en cada extremo, chamadas cornos, para que a almofada poida apoiarse sobre unha cadeira, banco ou cabalete. Sobre ela, sitúanse as ferramentas que se describen a continuación e que compoñen conxuntamente o material de traballo.

A almofada, pode variar de forma e dimensións, aínda que hoxe en día, en Galicia, está estendido o modelo de Camariñas. Antigamente a forma dependía da clase social; a almofada burguesa consiste nunha caixa de boa madeira que leva incorporado un rodillo sobre o que se fai o encaixe e que, á vez, ia recollendo a labor. Outro tipo menos frecuente é a composta por un mundiño redondeado sobre o que se sitúa o rodillo.

Bolsa de alfinetes

De tea e chea de serrín, sedas, é onde se cravan os alfinetes e onde se van sacando para colocalos no picado. Colócanse ó lado dereito da almofada. Os alfinetes suxeitan os fíos que se entrecruzan para ir formando o encaixe.

Bolsa do fío

Tamén de tea, serve para gardar a bobina de fío e mantelo limpo. O fío, é tamén un importante elemento para a elaboración do encaixe, posto que da súa calidade e grosor vai a depender en gran medida o resultado da súa labor. É máis común de algodón, aínda que tamén se realizan encaixes con fíos de liño e seda.

Cuira

Consiste nun anaco rectangular de coiro que se coloca debaixo dos bolillos para que estes se deslicen mellor. Antigamente era de pel de ovella ou conexo, pero na actualidade utilízanse sintéticos.

Palleta

Denomínase así a un anaco de madeira que se coloca entre as "cornas" para ir enliando encaixe a medida que se realiza. As palilleiras chaman "erguer" a este procedemento.

Cartón ou picado

Cartón ou picado

Peza de cartón furado polo cal se vai seguindo o modelo. Previamente realízase o modelo en papel para pasalo a continuación a cartón, pinchándoo con un instrumento semellante a un punzón chamado subela ou picadoira.

O traballo do picado é de gran importancia xa que un encaixe ben feito depende da correcta elaboración do cartón. Hasta fai pouco tempo, esta tarefa era realizada polos homes; agora son as propias encaixeiras e outras mulleres especializadas nesta tarefa as que confeccionan os picados. Este traballo require forza para picar o cartón con exactitude e moita paciencia para combater a monotonía da técnica.

Moitos picados fainos a encaixeira poñendo un cartón vello enriba do outro, furando este nos mesmos puntos que o vello, co que tras sucesivas copias do deseño vai perdendo a súa forma orixinal. Outra forma pola que a artesá "saca" os cartóns é por fotocopia ou polo mesmo encaixe, colocando estes por enriba do cartón e facendo un furado no mesmo lugar onde ten a labor. Desta forma, tamén se desvirtúa o deseño e se van torcendo as súas liñas.

A mellor forma de preparar un cartón é de recuperar o deseño ( debuxándoo de novo en papel) e logo pasalo a cartón.

Aínda  que se continúan facendo os encaixes tradicionais, tamén se fan novos deseños sobre todo co fin da súa aplicación en moda. Na actualidade podémonos axudar da informática para facer algún deseño xeométrico, nembargantes, as palilleiras de Camariñas prefiren traballar cos picados feitos a man.

Para facer un picado son necesarios coñecementos de xeometría, debuxo, encaixe e un certo sentido da estética. A maior parte dos encaixes(sobre todo os xeométricos) fanse sobre papel cuadriculado. A razón do uso deste papel é a que serve como pauta sobre a cal se vai repetindo o modulo básico que forma o debuxo. Ademais a cuadrícula serve de guía para construír liñas rectas e ángulos de 45 e 90 grados, que son os máis habituais nos encaixes xeométricos. Segundo o grosor do fío os furados deberán estar máis ou menos separados ( a maior grosor, maior separación) polo cal empréganse cuadrículas de distinto tamaño para realizar os picados.

Palillo ou panillo

Palillo ou panillo

É unha peza de madeira torneada en onde vai enrolando o fío que se vai soltando a medida que é necesario para realizar a labor. Antigamente, os palillos galegos facíanse a navalla ou con coitelo e con madeiras que había cerca da casa ou taller do artesán; as máis frecuentes eran as de boj, abedul, nogueira, aliso ou pino. A partir do século XVIII facíanse con torno de pe en pequenos talleres que existían por toda a comarca. Os mariñeiros que visitaban as palilladas gravaban os seus nomes, frases amorosas, corazóns, etc nos palillos para regalarllos ás súas amadas. A variedade de palillos, segundo a súa antigüidade, lugar de realización e artesán, é enorme.

 Actualmente son fabricados en serie. No palillo antigo distínguense dúas partes:

  • O puño ou cabeza: é a parte superior do palillo e ten dous topes, entre os que se sitúa a caixa, que evitan o esfiado. Existe unha gran variedade tipolóxica.
  • A caixa: é un lugar no que vai o fío, a súa forma é sempre lisa e alargada.
  • A gorxa: é unha forma inicial de corpo central de palillo, sen ningún tipo de moldura. Esta parte non a levan todos os palillos.
  • O corpo: É a parte máis larga e a zona por onde se agarra o palillo. A ornamentación que soe levar ten unha función estética e outra práctica, xa que permite asir mellor o palillo. A tipoloxía de decoracións é , ó igual que o puño, variadísima.
  • O remate: ten unha finalidade estética que permite saber hasta onde chega a man para coller o palillo.
A lonxitude do palillo varía entre os 11 e 15cm, resultando o seu peso de gran importancia. O peso de tódolos palillos a de ser similar para que non provoque irregularidades ou descoordinación no momentos de movelos.

As palillas: As diferenzas entre palillos e palillas son de forma, ao final do corpo ten unha forma máis ancha que o palillo, e de función, xa que estás serven de guía ós palillos cos que se traballa. Sobre todo utilizábanas as nenas cando estaban aprendendo para non perder o guía. As maiores utilizaban indiferentemente palillos e palillas.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader