Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Museo virtual do encaixe | Estilos

Compartir:

Estilos

Ó estudar o paso do encaixe de Camariñas polos distintos estilos, atopámonos coa dificultade de datación dos modelos, posto que a gran maioría deles non se sabe cando apareceron nin quen os realizou.

Isto é debido a que as artesás, cando un picado non lles valía, o copiaban noutro de cartón e tiraban o vello sen deixar referencia algunha da antigüidade ou do autor.

Como sinalamos anteriormente, dentro dos diversos tipos de encaixe, o encaixe camariñán considérase do tipo guipur, sendo os encaixes de motivos xeométricos sinxelos, os máis recoñecidos en todas as partes como encaixe de Camariñas.

De todas formas, dentro do encaixe camariñán podemos atopar claras influencias doutros tipos de encaixe, como poden ser encaixes de fondos decorados ou de encaixes numéricos, cuios deseños se foron adaptando á técnica do encaixe de Camariñas. Esta transferencia é, en todo caso, lóxica, posto que acontece con todo tipo de manifestacións artística, xa que estas non poden quedar pechadas nin no tempo nin no espazo, se non que van evolucionando e perfeccionándose.

Considérase incluso como unha virtude que a palilleira adapte e dé o seu selo persoal ás influencias que lle chegan de outras zonas ou do seu propio medio.

Estes textos foron seleccionados da publicación do Concello de Camariñas Características del encaje de Camariñasda autora Concepción Canoura.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader