Ornamentación
As cadeas [Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]
A ornamentación ou debuxo que presente o encaixe é unha característica que nos serve para clasificalo e diferencialo. Segundo a clasificación que propoñemos, o encaixe podemos dividilo en dous tipos:
Xeométrico: Neste tipo de encaixes non atopamos representados motivos concretos, se non unha continua repetición dun módulo básico ó longo de toda a labor, de maneira que se consigue un claro predominio da simetría e da harmonía en toda a peza. Este tipo de encaixes é o que atopamos en maior número en Camariñas e dos máis recoñecidos en todas as partes como encaixe de camariñán. Neles cabe destacar a presencia de gran número de zurcidos, que lles dan forza visual, e que en esta zona alcanzan gran perfección, da cal presumen as encaixeiras camariñáns, sendo realmente máis grosos e abarillados que os que se fan en Cataluña ou Almagro.
Ramo de San Xosé [Encaixe Galego Tradicional-Concepción Canoura Leira]
Figurativo: Neles cabe destacar a presencia de distintos tipos de figuras sobre un fondo formado a veces por unha maia xeométrica (formada por puntos de fondo) ou suxeitos por cordóns ou pares volteados ó resto da labor. Segundo o tipo de forma que representen podemos distinguir subtipos:
- Animais:Neste tipo de encaixes existen gran cantidade de pezas que podemos considerar como froito da transferencia de modelos doutros lugares, como pode ser Almagro.
- Vexetais: Son os motivos máis representados, en forma de flores, follas e ramas.
- Antropomórficos: Nestos encaixes representanse figuras humanas e mitolóxicas.
- Inanimado: Como poden ser os motivos relixiosos, letras ou outros, como por exemplo "as campás".