Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Museo virtual do encaixe | A sede | Presentación

Compartir:

Presentación


O Museo do Encaixe de Camariñas

O Museo do Encaixe de Camariñas creouse no mes de novembro de 1996. Trátase dun ansiado proxecto, que, finalmente, o Concello de Camariñas concretou.

A iniciativa municipal de crear unha entidade museográfica en Camariñas dedicada ó encaixe de bolillos foi a resposta a unha serie de necesidades derivadas da gran riqueza en patrimonio etnográfico con que conta este municipio e, en xeral, a comarca de Soneira.

O encaixe de bolillos supón unha testemuña excepcional da supervivencia das artes e oficios populares sendo un expoñente da tradición que permanece practicamente nos seus contextos orixinais. Por iso, asumiuse a responsabilidade de recuperar a súa memoria histórica, conservala e difundila mediante a creación desta institución.

Os obxectivos xerais do Museo do Encaixe, son os seguintes:

  • Promover o coñecemento e a difusión dunha práctica artesanal que permanece viva desde fai séculos en Camariñas, e en outros lugares da comarca de Soneira, á que pertence o municipio. Consecuentemente, estarase contribuíndo á promoción do patrimonio etnográfico e artístico galego.
  • Recuperación de pezas antigas e deseños utilizados tradicionalmente na zona.
  • Potenciar o desenvolvemento e a evolución do sector encaixeiro, que en gran medida identifica a Camariñas, mediante a formación, de maneira que o beneficio sociocultural aportado polo Museo, poida engadirse o beneficio económico.
  • Servir como instrumento mediador para o coñecemento das características culturais comúns con outros lugares e países productores do encaixe artesanal.
  • Ofrecer un servizo cultural público que se sume ós puntos de interese turístico que posúe este municipio.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader