Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Museo virtual do encaixe | Recursos | Glosario básico de termos

Compartir:

Glosario básico de termos


Acaparador: Intermediario que merca os encaixes para revendelos.

Alba: Vestidura ou túnica de lenzo branco que os sacerdotes, diáconos e subdiáconos se poñen sobre o hábito e o amicto para celebrar oficios divinos.

Almofada: Ferramenta para elaborar o encaixe de bolillos.

Amicto: Lenzo fino e cadrado e cunha cruz no medio que se pon baixo o alba e sobre o lombo e os ombreiros do sacerdote oficiante dalgúns oficios divinos, o diácono e o subdiácono.

Aplique: Peza de encaixe ou bordado que se introduce ou incrusta nas prendas ou outros obxectos téxtiles para adorno.

Blonda: Encaixe realizado en seda negra ou branca. Utilízase un fío máis fino no fondo e outro máis groso para os motivos.

Bodoque: Releve de forma redondeada que serve de adorno en labores de encaixe ou bordado.

Bolillo: Pequena peza cilíndrica de madeira na que se enrola o fío para realizar o encaixe.

Cartón: Material co que se fai o picado.

Casulla: Vestidura eclesiástica que se pon enriba das demais que se usan para celebrar a misa.

Cofeta: Cofia, tocado de encaixe utilizado nas imaxes sacras.

Cornixal: Lenzo que emprega o sacerdote para purificarse os dedos na misa.

Corporal: Lenzo que se estende, a modo de mantel, sobre o altar para poñer sobre el a hostia e o cáliz.

Cos: Prenda feminina similar ao corpiño.

Encaixe: Labor realizada con febras de diversos xéneros producindo tramados, retorcidos, enlazados, cruzados, etc., para cubrir superficies formando debuxos e calados.

Entredós / Entredous: Tira de encaixe, bordada ou de tapicería que se cose entre dúas teas.

Labor: Cantidade de encaixe que se fai nunha xornada. Tamén pode referirse a unha peza de encaixe enteira.

Nutridos: Partes dun encaixe que forman a decoración, opoñéndose ao fondo que é máis laso.

Palillada o panillada: Reunión de palilleiras para facer encaixe.

Palillar o panillar: Facer encaixe de bolillos. Palilleira o panilleira: Véxase encaixeira.

Palillo o panillo: Véxase bolillo.

Pasamanería: Conxunto de adornos (galóns, trenciñas, cordóns, flocos, borlas, etc.) para guarnecer indumentaria, cortinas, mobles e outros obxectos.

Picado: Patrón para a elaboración do encaixe de bolillos.

Picadoira: Instrumento co que se fura o cartón para obter o picado.

Picadora: Persoa que elabora picados.

Piques: buratos que forman o picado e onde se colocan os alfinetes que guían e sosteñen a labor.

Punta: En varios lugares de España equivale a encaixe ou puntilla.

Puntilla: Encaixe estreito que se soe engadir e coser na beira dunha tea a modo de remate ornamental. Utilizada xenericamente pode equivaler a encaixe.

Punto de España: Encaixe de bolillos realizado con ouro e prata, aplicado á indumentaria cortesán, popular de gala, en pezas ornamentais de enxoval doméstico e en ornamentos sagrados litúrxicos.

Renda: Guarnición de encaixe, inicialmente á agulla, que se realizaba entre dúas teas. Tamén se denominaba así aos encaixes estreitos de bolillos.

Rebozo: Mantilla corta que usaban as mulleres. Cinguía a cabeza e caía sobre os ombreiros e o peito.

Roquete: Vestidura branca de lenzo fino, con mangas perdidas ou moi anchas, que levan sobre a sotana os eclesiásticos, e aínda os leigos que serven nas funcións de igrexa, e que chega desde o ombreiro ata máis ou menos a cintura.

Torchón: Xénero de encaixe de tipo popular que ten de fondo mallas conseguidas pola torsión das guías.

Tratante: Véxase acaparador.

Vara: Antiga medida de lonxitude que en Camariñas equivale a oitenta centímetros, utilizada polas palilleiras ata a adaptación ao sistema métrico decimal.

Subela: Véxase picadoira.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci�n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci�n da Coru�a Galicia Agader